O servizo de Mediación, Educación e Información da Cidade da Cultura de Galicia organiza unha serie de visitas transversais entre as dúas exposicións no Museo Centro Gaiás e de breve formato (30’). Trátase dun xeito moi dinámico de coñecer as dúas grandes mostras. Ademais de ser reducidas, teñen como característica diferenciadora que son temáticas. Así, versarán sobre a:
- música
- cidades
- emigración
- influencias entre artistas
- Picasso
- etc
En total, sete visións que se realizarán ao longo de toda a mañá e se repetirán ao longo de toda a tarde.
Os/as participantes destas visitas express que consigan selar a súa cartilla levarán un catálogo a modo de premio.
Cronograma
1. A emigración na arte galega. 10.30 e 16h.
2. Retratos. A definición plástica do individuo. 11 e 16.30h
3. Descifrando o código. Espazos ocultos do Gaiás. 11h.
4. Entre a postmodernidade e a fin da arte. Tendencias actuais. 11.30 e 19h.
5. Galicia Sur. A identidade do lugar e o seu reflexo na arte. 12.30 e 18h.
6. A pegada de Picasso na arte galega. 13 e 18.30h.
7. Os sons de Galicia Universal e Baldomero Pestana. Visita Sonora. 13.30 e 17h.