Nexos Infantil: Encrucilladas no mundo árabe e musulmán

Que significa a palabra árabe? E musulmán/a? Ao igual que na sesión adulta, en Nexos Infantil exploraremos o noso coñecemento do mundo árabe.

Comezaremos cun coloquio no que poremos en común que sabe cada quen acerca dunha cultura veciña sobre a que comprobaremos que pesan os prexuízos sociais.

Sobre o mapamundi, sinalaremos os países nos que a cultura é a maioritaria ou oficial… e moitos países nos que está presente, coma o noso! Veremos imaxes, escoitaremos músicas e falaremos de gastronomía, arte e estética.

Prenderemos incienso, cheiraremos especias, e faremos entre toda a asistencia un mosaico de imaxes, olores e texturas, enmarcado por un Zelig colectivo.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas