Para conmemorar o centenario do nacemento da escritora galega Pura Vázquez, a Biblioteca de Galicia organiza unha sesión de Aventuras Literarias baseadas na obra desta insigne escritora.
Neste obradoiro interactivo de Xandoblea traballarase con varios dos seus textos, centrándose principalmente na súa obra infantil e nas obras de teatro que fixo conxuntamente coa súa irmá Dora.
11 abr 2026
11 abr 2026


