Pequefilmes: Obradoiros Fanecas

Imos realizar unha pequena curtametraxe animada a partir do uso dunha mesa de luz virtual sobre a que iremos debuxando fotograma a fotograma o movemento de liñas de cores e de formas sinxelas.

Deste xeito, os e as asistentes aprenderán os principios máis básicos e fundamentais da animación. Para este obradoiro empregarase unha ferramenta online gratuíta, e unha vez finalizada a actividade, poderán seguir practicando e divertiéndose nas súas casas.

 
En familia