Arxina e o Felo

Este Nadal, os monicreques volven á Cidade da Cultura para fabular a historia da pedra. A través de Garabullo e Mangarrias, e das súas reflexións e cantareiras, coñeceremos o día a día dun dos oficios máis vencellados a Galicia: o de canteiro.

Unha divertida aventura na que os arxinas Garabullo e Mangarrias no seu afán de ensinarlle os segredos da pedra e o verbo –o latín dos canteiros- ao seu aprendiz Faxurdín tropezarán cun raposo empeñado en brindarlle a súa protección a un demo teimudo que lles encarga unha fermosa ponte de pedra. Unha obra de teatro a cargo da compañía Viravolta que combina historia, cultura e, sobre todo humor, pensada para gozar en familia.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h