Descubre a maxia da fotografía e aprende as marabillas do seu mundo.
Os participantes neste novo obradoiro crearán a súa propia cámara escura a partir de elementos tan sinxelos como unha caixa. Con ela estudaremos o mundo da luz como fenómeno físico, de forma que unha vez abramos o obxectivo e o volvamos pechar, pasaremos a un cuarto escuro onde revelaremos o papel fotográfico introducido na nosa cámara; descubrindo desta forma un proceso químico sinxelo de oxidación, que deu paso á revolución da fotografía dixital.


