400 anos de Cervantes e Shakespeare

Neste ano 2016 cúmprense os 400 anos da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare o 23 de abril de 1616. As súas obras son os cimentos da literatura pasada, actual e futura en todo o mundo. As súas escenas, as súas personaxes, os seu estilos seguen presentes no fondo de armario dos libros que se editan hoxe en dia.

Co conto teatralizado 400 anos de Cervantes e Shakespeare buscamos achegar estas dúas figuras imprescindibles da literatura universal ao lector máis novo. A través das súas obras e dos seus contextos faremos unha emocionante viaxe no tempo ata o Renacemento. Coñeceremos o nacemento da imprenta, a revolución das ciencias a explosión das artes, os feitos das personalidades relevantes,... todo cunha perspectiva lúdica chea de fantasía e emocións que permitirá coñecer de onde vimos para saber quen somos.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)