A actividade deste novo obradoiro fotográfico comeza coa fabricación de neve e xices de cores. Unha vez teñamos o noso propio material, deseñamos un fondo de paisaxe cos xices na encerado da aula, tomando como modelo as obras de José Suárez. Despois modelamos coa neve caseira as nosas propias personaxes invernais para, unha vez finalizado, inmortalizar a nosa creación nunha foto/postal invernal.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH







