Mediante xogos realizaremos un achegamento á utilidade e definición da arquitectura reflexionando en común sobre para que serve a arquitectura, para que as casas e edificios... Compararemos imaxes de casas, rematadas e sobre planos, de arquitectura de todo tipo, dende a tradicional casa galega, ata casas modernas máis vangardistas e espectaculares.
Logo faremos un mural con estas imaxes e con desexos, planos e debuxos, das casas que nós mesmos imaxinaremos. Finalmente, e partir de materais para reutilizar, construiremos as nosas propias maquetas ou deseños. Para isto contaremos con cartolinas e materiais reciclables, como bricks, vasos de cartón, etc.
28 feb 2026
Ás 17:30









