Unha discoteca para os máis pequenos da casa. Esta é a oferta de Baboo Experience, un lugar para bailar, saltar e moverse libremente ao ritmo da selección musical de DJ GuGuGaGa e proxeccións interactivas que porá en escena a VJ Mademoiselle Oui Oui.
Unha auténtica experiencia visual e sonora na que os cativos -en compañía dos seus pais- non só se divertirán e pasarán un bo rato, senón que deixarán voar a súa imaxinación e desenvolverán a súa creatividade.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

