Enocións by Ribeiro con Pepe Solla

Música e gastronomía van da man nesta segunda sesión de Enocións by Ribeiro: o Camiño das Emocións, no que a maridaxe perfecta se establece coa forza da natureza e as paisaxes da ruta xacobea.

Pepe Solla, recoñecido cociñeiro integrante do Grupo Nove e posuidor dunha Estrella Michelín, será o encargado de preparar un menú músico-gastronómico que transportará aos asistentes á cor e forza da natureza do Camiño. Nesta experiencia sensorial estará acompañado por DJ Analïs e, por suposto, catro viños da D.O. Ribeiro. Todo tras unha visita á exposición Camiño. A orixe, que pode verse no Museo Centro Gaiás ata o 13 de setembro.

 
 
Música & Escena
 
Convocatoria aberta
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo