Queremos que os museos sexan un lugar do que todos poidamos gozar. Por iso, o Día dos Museos servirá para dar a coñecer experiencias de integración como a de DisCamino, un proxecto que consiste en facer realidade o soño de persoas con diferentes discapacidades de peregrinaren a Santiago.
Desde 2010, son moitos os camiños realizados en vehículos adaptados. Javier Pitillas, artífice deste soño feito realidade, será o encargado de demostrarnos que as barreiras físicas non existen se un quere e que todos podemos ter as mesmas oportunidades con esforzo e, sobre todo, ilusión.

