As árbores, un tesouro a preservar

Con motivo da celebración do Día da Árbore, a Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro As árbores, un tesouro a preservar, co que se pretende achegar ao público os métodos que se están a desenvolver, no grupo de Biotecnoloxía e Mellora Forestal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia-CSIC, para asegurar a conservación de especies forestais como o castiñeiro, o carballo, o aliso, o faia ou o olmo.

A actividade comezará coa lectura do conto O aliso sécase para todo o grupo. Despois, os participantes distribuídos en tres grupos, realizaran tres obradoiros de 40 minutos de duración cada un, polos que irán rotando ata que todos completen a actividade:

  • Da semente á árbore.
  • Misión plantar unha árbore.
  • A idade das árbores.

 

O persoal científico e técnico encargado de dirixir a actividade, adaptará os contidos en función do nivel de coñecemento dos asistentes. Contarase ademais cunha exposición de recipientes de cultivo con diferentes árbores multiplicados in vitro como castiñeiros, carballos, faias, olmos, alisos, cerdeiras, mazás, etc. coas que se traballan no laboratorio para que os asistentes poidan velos directamente.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)