Baile de Entroido: Rock and Kids band

Este 2015, o mellor baile de Entroido está no Gaiás porque temos preparado para vós  un repaso polo mellor da historia do rock coa mellor banda do momento: a Rock and Kids band.

Da man de iconas do rock como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy mercurio e Kiss, grandes e pequenos faremos un percorrido pola historia do rock a través dos seus temas máis míticos.

Un concerto moi especial que estará conducido por unha mestra de ceremonias de excepción: StarSuperStar, encargada de propoñer un xogo por tema para que pais e nenos bailen xuntos e acaben convertidos nas grandes estrelas do espectáculo. E por se a música non fose suficiente, antes e despois do espectáculo poderás compartir coa banda un divertido photocall no que inmortalizar un día como estrela do rock.