Sons de película

Como soa unha refrega de película? Bang!, Ouch!, Kapow!, Uggh! e un montón de sons máis que acompañan á música, aos diálogos, ao son ambiente… Gustaríache aprender a captalos? E a misturalos? E que tal facelos? 

Pois esta fin de semana tedes unha oportunidade de cine a través do obradoiro Sons de película, no que se darán a coñecer os diferentes procesos de son que se levan a cabo nunha produción audiovisual: desde a rodaxe, á montaxe, edición e mistura final. E todo dunha forma moi divertida a través de fragmentos de películas de ficción e animación galegas que logo xogaremos a reproducir. 

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)