A Biblioteca de Galicia pon en marcha o obradoiro A Imprenta, catro sesións nas que os participantes poderán coñecer o proceso de elaboración de libros no século XV, coñecer o paso da escritura manuscrita á imprensa e utilizar diversas técnicas creativas e dar renda á creatividade persoal.
A Imprenta artéllase en catro sesións:
3 de Xaneiro.
Sesión I. Obradoiro de elaboración de papel e planchas de linóleo. Utilizando materiais reciclados, os participantes elaborarán unha pasta de papel coa que, a continuación, faran os seus propios lenzos. Nunha prancha de linóleo prepararán os debuxos que despois se estamparán.
4 de Xaneiro.
Sesión II. Obradoiro de imprenta. Con elementos cotiáns, os participantes fabricarán tipos e construirán unha imprenta “caseira” coa que poderán facer impresións.
10 de Xaneiro.
Sesión III. Obradoiro de miniaturas e tipografías. Con pinturas de cores, reproducirán miniaturas dos libros antigos podendo crear versións propias. Coñecerán distintos tipos de tipografías segundo a época e desenvolveremos a nosa propia tipografía nun abecedario completo.
11 de Xaneiro
Sesión IV. Obradoiro de impresión e encadernación. Os participantes farán impresións utilizando as pranchas de linóleo e o papel artesanal. A continuación encadernarán os traballos realizados seguindo unha técnica artesanal sinxela.

