Unha viaxe ao pasado dende os inicios da escritura. Este será o percorrido que fagamos neste obradoiro, deténdonos nalgúns momentos concretos da historia: os xeroglíficos exipcios, representacións escritas en papel xapón ou chinés, a biblioteca de Alexandría ou a escritura en Roma: a tábula cerata.
Continuará a viaxe pola lectura a través dos manuscritos e pergameos da Idade Media ata a invención da imprenta no século XV, amosando a evolución do libro dende esa época ata a actualidade, onde os formatos convencionais de papel conviven con dispositivos electrónicos como o e-book ou a tablet.
Durante todo o percorrido, proxectaranse imaxes aos nenos, ademáis de mostrar orixinais, facsímiles e recreacións.
Unha vez finalizado este percorrido, volverase a Roma, para lembrar a súa escritura e para realizar unha actividade plástica con tábulas ceratas, traballando con tábulas e stylos. O obxectivo é que os participantes no obradoiro experimenten a sensación de crear a escritura esculpindo en cera.

