A árbore das ilusións

En moitas culturas, a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva. Por iso, o Concello de Santiago pon en marcha a árbore das ilusións, que ten como obxectivo crear unha árbore de todos e para todos na que, peza a peza, se representen as ilusións e desexos dos veciños de Compostela.

Para iso, o 6 de decembro, teredes a oportunidade de participar no Gaiás nun obradoiro de decoración da Árbore das ilusións, que partirá do refugallo como materia prima. CD’s, plásticos, corda, lá, tea, lazos… todo terá cabida neste obradoiro no que dar vida a esta árbore de Nadal.

 
En familia