Magosto no Gaiás: Taghaitaí + Cantigas e Agarimos

En novembro chega á Cidade da Cultura unha das nosas festas máis tradicionais: o Magosto no Gaiás. Será o venres 28 de novembro cunha festa cento por cento galega na que homenaxearemos a dous grandes mestres da gaita: Basilio Carril no centenario do seu seu nacemento; e Xan Bello Mallou, que nos deixou hai un ano. Taghaitaí, acompañados de Cantigas e Agarimos e as Penasqueiras de Luou, porán a foliada e A Cantina do Gaiás, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e a Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, as bebidas, o queixo e as castañas. 

O magosto comezará ás 20 horas na entrada do Museo Centro Gaiás, onde poderán degustarse de forma gratuíta as castañas asadas. E desde as 21 horas, no interior do Museo, Taghaitaí, grupo formado por Edelmiro Fernández (o gaiteiro máis laureado de Galicia), Manolo Maseda (ex-acordeonista e cantante dos Diplomáticos de Montealto), Lola de Ribeira (voz e percusión) e Iván Costa (gaita e zanfona), estará presentando o seu esperado disco de debut.

Prepararán para a ocasión temas do repertorio de Basilio Carril e Mallou, que tocarán valéndose de colaboracións do Coro e cuarteto tradicional de ‘Cantigas e Agarimos’ e as Penasqueiras de Luou ás pandeiretas, dando lugar a unha gran festa popular. 

 
 
Música & Escena
 
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo