Atardecer no Gaiás acollerá o último dos concertos do miniciclo ofrecido pola Orquestra de Cámara Galega neste verán. Será un Atardecer barroco, no que o público se deixará atrapar pola música do barroco, unha das máis frutíferas na creación musical. A Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba, contará coa colaboración do oboísta galego Avelino Ferreira, que actuará como solista no célebre Concerto para oboe de Marcello.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH



