"Un debuxo fóra da marxe, un poema sen rimas". Isto é para Julio Cortázar os cronopios, personaxes dunha serie de contos do libro Historias de Cronopios e de Famas publicado en 1962 polo escritor arxentino.
Co obxectivo de achegarnos un pouco máis á figura dun dos referentes das letras hispanoamericanas e darlle renda solta á imaxinación, a través deste obradoiro de cabezudos, os máis pequenos darán vida a estes seres imaxinarios a través do seu propio 'cronopio-cabezudo' con cartón e papel.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

