Neste 2014 cúmprense cen anos do nacemento e 30 da morte de Julio Cortázar. Dramaturgo, ensaista, poeta, novelista e mestre do relato curto, Cortázar é una figura destacada na literatura universal.
A Biblioteca de Galicia quere achegarlle a súa figura aos máis pequenos a través deste obradoiro de Sombras chinesas, no que aprenderán a realizar un teatro propio nos que se levarán a cabo "cronopios" e "famas", seguindo a imaxinación dos participantes. Unha vez construídos, estes personaxes, manipulados polos nenos, porán en escena pequenas situacións inspiradas nos contos de Julio Cortázar.


