Coralinda, de Elefante elegante | Teatro na Biblioteca de Galicia

Coralinda é unha comedia xestual, ao estilo dos debuxos animados, que invita aos nenos e nenas a reflexionar sobre a discriminación por razón de raza, xénero ou clase social.

Nun lugar cincento vive un señor vestido de gris que manipula caixas, tamén cincentas. A chegada dunha muller cun vestido cheo de cor e unha actitude exuberante altera por completo ese escenario. Poderán construír xuntos un lugar diferente, no que haxa espazo para máis cores e máis persoas?

Un espectáculo cómplice e sensible que aborda as diferenzas, os prexuízos e a posibilidade de transformar os espazos que habitamos e que acolle a Biblioteca de Galicia con motivo do Día da Alfabetización.