De Nauters

A banda murciana De Nauters será a encargada de pechar o Atardecer no Gaiás desta semana.

A formación chega a Compostela cun son asentado que se plasma en Tiempos modernos, catorce cancións de corte folk, con moita carga de pop, rock e psicodelia que forma un álbum moi persoal, con letras sinxelas cheas de carga emocional e unha dose de análise e reflexión, tanto a nivel introspectivo como a nivel universal. E ao que lle engaden un plus: a inclusión de temas de anteriores traballos re-versionados e incluso interpretados totalmente en directo.

 
Música & Escena
 
 
00:00
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo