O mapa do tesouro é un xogo con formato a medio camiño entre xincana e xogo dramatizado, dinamizado por educadores caracterizados para a ocasión e que representan personaxes que ao longo da historia están identificados polo emprego de mapas, cartas de navegación e planos (navegantes, exploradores, pelegríns...).
O emprego e interpretación de mapas e planos será a ferramenta lúdica protagonista en todo momento, posto que a xincana se desenvolverá en distintos espazos da Cidade da Cultura, que os participantes terán que localizar nos mapas que se lles administrarán ao comezo da sesión.
