Grampoder

Grampoder, ou Le Roi e Martin Wu -antigos compoñentes de bandas como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra- desembarcan en Atardecer no Gaiás co seu rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall coma no hall dun piso de protección oficial. De feito, na súa curta traxectoria xa tiveron ocasión de actuar en bares, restaurantes, chiringuitos, museos de arte contemporánea, galpóns e salas de estar. Porque o concepto é ese: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso, e poder adaptalas a calquera escenario.

Sen dúbida, unha das citas imprescindibles do verán.

 
Música & Escena
 
 
00:00
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo