A Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba, volve un ano máis a formar parte do cartel de Atardecer no Gaiás cun miniciclo de tres concertos cos que profundar dun xeito diferente na música clásica.
O primeiro dos concertos será un Atardecer Italiano. Italia sempre foi unha inspiración para moitos compositores. Nesta actuación, a OCGa propón un percorrido pola diversa música de inspiración italiana, para o que contará coa colaboración dun dos máis destacados guitarristas españois da sua xeración, o galego Ramón Carnota, premiado en diversos concursos internacionais e que ven realizando unha fructífera relación musical coa OCGa en numerosos proxectos.



