Paper cinético: laboratorio analóxico de mundos expandidos

Paper cinético é un obradoiro creativo e experimental arredor da imaxe, o movemento e os primeiros dispositivos ópticos da historia do cinema e da animación. Dirixido a rapazada de 10 anos ou máis, neste laboratorio experimental aprenderemos a crear mundos expandidos partindo de materiais sinxelos como o papel e o cartón e construiremos os nosos propios xoguetes ópticos cos que crear un “mundo virtual” de maneira analóxica.

Ao longo da sesión, cada participante construirá dous trebellos clave: un estereoscopio, que permite visualizar imaxes en tres dimensións, e un fenaquistoscopio, un dos primeiros dispositivos capaces de crear a ilusión de movemento. A través destes dispositivos comprendemos o cine como un xogo de maxia, onde imaxes inmóbiles cobran vida. 

O proxecto reflexiona sobre "o papel do papel" no cinema, explorando as súas infinitas posibilidades como soporte creativo capaz de transformar, animar e contar historias ao tempo que achega á rapazada os contidos da exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual, unha mostra que explora a pulsión humana por crear mundos simulados ao longo da historia.

Gaiás inspira

Esta actividade encádrase na liña de programación Gaiás_Inspira, que abrangue diferentes accións divulgativas, lúdicas e didácticas ao redor das exposicións do Museo Centro Gaiás, dirixidas ben a público adulto, ben a infantil e xuvenil, con propostas innovadoras que converten as salas do Museo nun espazo vivo, aberto á participación do público e á aprendizaxe compartida.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás