Observación ornitolóxica | Sementa o verán #GaiásenVerde

Que aves habitan e visitan a Cidade da Cultura no verán? Esta ruta propón unha aproximación práctica ao mundo das aves, combinando a ciencia cidadá coa observación de campo.

Ao longo do percorrido, que transcorrerá desde o Bosque de Galicia ata o Parque do Lago, o público aprenderá a recoñecer especies residentes e migratorias, apoiándose en fichas visuais e no uso de ferramentas de intelixencia artificial para a identificación de cantos en tempo real. A actividade remata cun punto de observación no Parque do Lago, onde se identificarán as especies residentes e migratorias.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h