Unha banda deseñada chispeante | Obradoiro na Biblioteca de Galicia con motivo do Día do Cómic

Queres deseñar o teu propio personaxe a través do xogo e do humor? En conmemoración do Día do Cómic, a Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro Unha banda deseñada chispeante, da man da ilustradora Sandra Lodi, autora da novela gráfica Adelina, XIX Premio Castelao de banda deseñada 2024.

Nesta proposta, a cativada poderá crear unha mini banda deseñada utilizando ideas aleatorias que estimulen a imaxinación e enxeño, favorecendo a creatividade e o gusto pola narración a través do debuxo, nun ambiente lúdico e participativo.

Unha actividade perfecta para achegarse ao mundo da banda deseñada dun xeito divertido e creativo.

 
En familia