Neste obradoiro familiar convidamos á rapazada a compartir connosco os seus mellores desexos, para penduralos da grande árbore de madeira do Museo Gaiás. Empregando anacos de plástico reciclado e reciclable, nenos e nenas deberán escribir un desexo que despois enfiarán para construir colectivamente longas grinaldas brancas. Así, emulando folerpas de neve, estas cadeas de boa fortuna penduraranse da árbore do Hall de Tirantes, onde permanecerán ao longo das festas.









