Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

Data: 
31/08/2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a segunda edición dos premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia. Unha convocatoria que permanecerá aberta ata o 31 de agosto e que busca poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades: aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet, proxectos na área do deseño e na área da xestión cultural.

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower, o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España; e o apoio, asesoramento e formación por parte de Agadic durante os primeiros pasos da empresa. 

+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/nova/convocada-2a-edicion-dos-premios...