Converxencias é unha residencia artística que acolle o XVII encontro da Banda Sinfónica Galega e que, por segunda vez, se realiza na Cidade da Cultura. As xornadas celébranse entre o 18 e o 22 de agosto e están pensadas para incentivar a mellora formativa de 72. Entre eles, atopamos mozos e mozas da Banda Sinfónica Xuvenil Galega así como dous ensembles (metais e madeiras) da Banda Sinfónica Galega. A residencia culminará cun concerto de peche o venres 22 a partir das 19,30 horas, aberto a todo o público interesado e con entrada libre e de balde.

A residencia pretende ser un espazo de intercambio e aprendizaxe a través do que incentivar a mellora formativa nas distintas especialidades instrumentais. Os músicos estarán acompañados do director David Fiúza así como dos profesores Carmen Ferreiro Soto e Pablo Fernández Guzmán.
Esta residencia artística contribúe á divulgación da música galega, achega aos músicos repertorio que difícilmente se interpreta nas bandas populares e potencia a Banda Sinfónica Galega como un conxunto instrumental que defende e promove os valores de todas as bandas de música populares galegas. A Banda Sinfónica Galega é a agrupación que representa á Federación Galega de Bandas de Música Populares e está integrada por músicos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Funciona mediante unha convocatoria pública de carácter bianual e as candidaturas son escollidas por un grupo de mestres de recoñecido prestixio.
Programa do concerto
19:30 h Banda Sinfónica Xuvenil Galega [Praza Central do Gaiás]
-
H. Hanson - Chorale & Alleluia
-
F. Ticheli - An American Elegy
-
G. Holst - First Suite in E♭
-
G. Holst - Second Suite in F
20:30 h Ensemble de metais da Banda Sinfónica Galega [Edificio CINC]
-
V. Ewald - Symphony for Brass
-
O. Böhme - Trompetten Sextett
21:15 h Ensemble Harmoniemusik da Banda Sinfónica Galega [Edificio CINC]
- W. A. Mozart - Gran Partita


