Coas mans na masa | Obradoiro en conmemoración do Día do Libro

Un quilo de fariña, un puñado de sal, un chorro de pintura e unha boa historia son os ingredientes necesarios para gozar do obradoiro Coas mans na masa.

Utilizando como escusa o proceso de elaboración do pan, a Biblioteca de Galicia, en conmemoración do Día do Libro, achega á cativada mundos tan atractivos como a cociña, a plástica e a narración oral. Neste obradoiro, os nenos e nenas aprenderán todos os segredos para facer un bo pan pero, nesta ocasión, a masa a preparar non irá para o forno, senón que servirá para dar forma a personaxes e construír un conto en conxunto.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas