Un personaxe solitario na procura de compaña explora a súa imaxinación para deixar atrás a soidade. Un proceso de descuberta no que os pensamentos voan con vida propia e o público emprende un camiño ateigado de gargalladas e de sorpresas.
Na Cidade da Cultura festexamos o Día Mundial do Circo con Xampatito Pato e un espectáculo no que o teatro de monicreques e o mundo do circo se entretecen nunha fermosa historia onde todos os engrenaxes xiran á perfección. Un mundo surrealista e onírico e un relato sen palabras que hipnotizan a cativada e abraian a nena ou neno que todas as persoas adultas fomos nun tempo.
>>Preme AQUÍ para mercar a túa entrada<<

Xampatito Pato
Xampatito Pato é o proxecto escénico de Jesús Velasco Otero, artista multidisciplinar que destaca pola súa destreza e creatividade, calidades que se materializan na escena en espectáculos de gran beleza cos que o público conecta desde o primeiro momento. Con diferentes compañías e espectáculos, xirou e levou a súa arte a cidades de China, Rusia, Croacia, Suiza, Francia, Italia, Portugal e todo o territorio nacional.
Ficha artística
|
|
.

