Aprende forma, liña e cor a través do traballo de Vizoso | Un obradoiro de Yago García

Xosé Vizoso deseñou algunhas das pezas máis bonitas de Sargadelos e centos de carteis de festas populares que xa son icónicos da cultura galega. Neste obradoiro coñeceremos o seu traballo, debuxaremos ao seu estilo e crearemos ilustracións únicas.

Os máis pequenos aprenderán a contar historias con debuxos nunha actividade divertida e creativa e poderán levar unha obra feira por eles mesmos para lembrar na casa a este gran artista.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas