En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámoslle que os datos persoais que nos subministre a través do portal www.cidadedacultura.org, serán tratados de xeito confidencial e pasarán a formar parte dun ficheiro de titularidade da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, que foi debidamente inscrito na Axencia Española de Protección de Datos (Resolución de data 4 de febreiro de 2012, código inscrición 2112360770, nome ficheiro: CLIENTES), ficheiro que conta co seu correspondente documento de seguridade. Os seus datos persoais serán utilizados para atender a súa petición, xestión e prestación dos servizos, e para o envío de futuras comunicacións comerciais que puidesen ser do seu interese.
Informámoslles que poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, enviando unha carta xunto coa fotocopia do seu DNI, ao seguinte enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Ref: protección de datos. Lugar Monte Gaiás. Edificio CINC; 3ª planta. 15704. Santiago de Compostela.
Os datos solicitados ao usuario mediante formularios indicados na tenda online serán os estritamente necesarios para poder proporcionarlle o servizo ou para poder poñerse en contacto co Usuario. En ningún caso, o feito de non proporcionar máis datos cós estritamente necesarios suporá unha mingua na calidade do servizo.
O Usuario garante que os datos persoais facilitados son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación nos mesmos. O Usuario será o único responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionar á FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA, ou a calquera terceiro, a causa de cubrir os formularios con datos falsos, inexactos, incompletos ou non actualizados. No caso de que o Usuario inclúa datos de carácter persoal de terceiros deberá, con carácter previo á súa inclusión, informarlles do establecido na presente política de privacidade, sendo o único responsable da súa inclusión.
Atentamente,
Fundación Cidade da Cultura de Galicia