Actividades para o Primeiro ciclo:
'Xiada' e o ciclo da auga
'Xiada' é unha divertida pinga de auga doce que nos acompañará pola exposición seguindo o ciclo da auga. Ata chegar a converterse nunha nube, a nosa amiga percorrerá os ríos máis importantes do mundo, será a protagonista de fermosas obras de arte e unha auténtica estrela de cine. Nesta trepidante aventura descubriremos os seus diferentes estados e a súa importancia para a vida das persoas, animais e plantas.
Concluiremos a visita co obradoiro 'Realiza un títere de Pau de Xiada'
Os sons da auga doce
Como soa a auga doce? Ríos, regatos, chubascos e nubes. Descubrimos na visita os diferentes sons da auga na natureza e a súa representación, rematando cun divertido taller de identificación auditiva que supón un verdadeiro reto para o oído dos alumnos.
A senda da auga (Dispoñible a partir do 22 de abril)
A senda da auga é unha aventura interactiva na que cada escolar poderá escoller o seu propio destino. Usando o vídeo como ferramenta máis achegada aos novos medios, os escolares poderán trazar o rumbo da aventura tomando as súas propias decisións. Ana Celia Vázquez, a cara visible de O Tempo da TVG, será a a encargada de guíar aos alumnos nunha visita de contido tanto ecolóxico como antropolóxico.
Actividades para o Segundo Ciclo:
Pintamos a auga
A representación da auga doce por medios plásticos pode resultar complexa. Desde o debuxo e a cor faremos unha achega ao aspecto da auga nos seus diferentes estados. Despois da visita á exposición Auga Doce exploraremos as diferentes posibilidades de representación coa axuda de plantillas e patróns para colorear.

Un continente de auga
Convidamos aos grupos educativos a viaxar por Europa e os seus ríos sen saír do Museo Centro Gaiás. Con diferentes xogos de busca activa de información, os nenos e nenas deberán situarse nun sorprendente mapa xigante e resolver de xeito autónomo as preguntas propostas.
Como canta a auga?
A música ofrece moitas maneiras diferentes de representar a auga soamente con sons. Neste obradoiro musical escoitaremos as músicas da tormenta, cantaremos coma os ríos e bailaremos baixo a choiva, descubrindo que coa música tamén se poden representar as paisaxes da auga.