Pensada para públicos de todas as idades co fin de xerar comunidade ao redor das artes escénicas, De Vilatriste a Vilalegre combina teatro actoral e de monicreques co mundo do cómic como referencia.
Con este espectáculo viaxamos ata Vilatriste, onde hai unha lagoa cuxa auga dota de superpoderes a quen a bebe. Esta proposta sobre rodas confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia desta vila, poboación na que se instalan uns novos habitantes que son recibidos con estrañeza e desconfianza pola veciñanza.
*A Cidade da Cultura será unha das máis de 100 sedes galegas que acollerán este espectáculo-celebración con motivo do 40º aniversario do Centro Dramático Galego.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

