Najla Shami

Cantora e compositora filla da mestizaxe palestina, galega e arxentina. Iníciase na música tradicional e avanza cara ao jazz, funk e world music, afondando na técnica vogal e a súa pedagoxía, o que a leva a países como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, India ou Reino Unido. A partir de 2003 colabora en diversos traballos nos que incorpora novas influencias, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África, o que imprime unha profunda pegada na súa evolución. Conxuga á perfección a multiculturalidade e o amor pola nosa terra, como se reflicte no seu último traballo, o libro-disco Na lingua que eu falo, unha fermosa homenaxe a Rosalía de Castro.