Contacontos en movemento: libros e ioga no Día de Rosalía!

Con motivo do Día de Rosalía, que se conemora cada 23 de febreiro coincidindo coa data de nacemento da escritora, a Biblioteca de Galicia organiza unha actividade centrada na súa figura e enfocada na cativada, que terá lugar ao día seguinte, o sábado 24.

Contacontos en movemento: libros e ioga no Día de Rosalía!

A partir do libro Miña casiña, meu lar, editado por Galaxia e ilustrado por Blanca Millán, mergullarémonos nunha viaxe na que iremos contando a historia xogando coa voz, co corpo e coa creatividade. Un contacontos que medra a través de posturas de ioga, de sons, do ritmo da respiración e da imaxinación da cativada participante. O obxectivo é fomentar o costume de ler e a creatividade, ademais de introducir a respiración consciente e a práctica de ioga.