Edmar Castañeda

Harpista colombiano que desde o seu traslado a Nova York ten acadado un enorme prestixio no seu dominio deste instrumento, e está considerado un mestre da innovación no eido da harpa e a súa integración nos estilos jazz e latin, sen esquecer as súas orixes e a influencia das raíces musicais da súa terra. Colaborador habitual de Winton Marsalis, a orquestra do Jazz at Lincoln Center ou Paquito d'Rivera, que o definiu como “un dos músicos máis orixinais da Gran Mazá”, vén de recibir excelentes críticas polo seu último traballo, Entre cuerdas. Xiras internacionais e o recoñecemento da prensa especializada, con Edmar Castañeda o Harpa Colombiana acadou un novo mercado internacional.