Cristina Pato

Doutorada en Artes Musicais pola Rutgers University de NJ, a súa activa vida profesional a leva regularmente a países como China, India, EEUU, Corea, Emiratos Árabes ou Angola. Participou como relatora na WWW Conference de Richard Saul Wurman e no Aspen Ideas Festival, ademais de colaborar con Harvard University nos proxectos levados a cabo polo Silk Road Project de Yo Yo Ma na Harvard Graduate School of Education e na Harvard Bussines School. 

Actualmente, Cristina Pato é profesora adxunta da NJ City University e colaboradora coa Rutgers University. Ten participado como relatora en residencias nas universidades de Berkeley, Princenton, Chicago Civic, Texas, Holy Cross e outras. 

Seguindo a estela do seu mentor Yo Yo Ma, Cristina Pato crea e asu¬me a dirección artística do festival Galician Connection promovendo neste caso a conexión da música galega con músicas doutros lugares do mundo, em¬pregando a súa experiencia fóra das nosas fronteiras para proxectar a visión da música galega no pano¬rama musical internacional. 

A súa carreira profesional inclúe catro discos como gaiteira solista, dous como pianista e un premio Grammy, máis dunha trintena de colaboracións en gravacións doutros artistas, entre as que se atopan "Yo-Yo Ma and Friends; Songs of Joy and Peace" (Sony BMG, 2008) GRAMMY Award '09, "Miles Español: New Sketches of Spain" ou "Off the Map" do Silk Road Ensemble nominado para os premios GRAMMY 2010 e máis de 600 concertos ás súas costas, moitos deles gravados e emitidos por medios de comunicación como a  BBC ou a CNN entre outros e aclamados por medios gráficos como The New York Times, El País, La Voz de Galicia ou The Wall Street Journal.

Cristina Pato é a fundadora e directora artística de Galician Connection, un foro de pensamento e difusión a través das músicas de diferentes partes do mundo.