Despelúxate

Queres soltar a melena? Mudar de peiteado? De cor? E de personalidade? O Gaiás dáche a oportundidade de facer todo iso e máis con Despelúxate, un obradoiro de perrucas no que construír a imaxe perfecta para gozar do Entroido.

Da man de Akira Valero, nenos a partir de 6 anos aprenderán a reutilizar obxectos xa usados como envases de plástico, papel, tubos de cartón ou cintas de cores para confeccionar unhas vistosas e divertidas perrucas coas que será difícil que os recoñezan. Unha mestura de volumes, texturas e cores para obter o disfraz máis orixinal deste Entroido.

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h