![]() |
A obra Avelaíñas eléctricas trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos . |
![]() |
Sobre Sica Romero A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte. Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021). Compaxinou seus estudos con traballos en distintos eidos: bibliotecaria, auxiliar de sala en museos, guía de exposicións, correctora ortotipográfica e investigadora para a edición de libros. Avelaíñas eléctricas é a súa primeira novela e promete que non será a última xa que non ten pensado abandonar este novo camiño que comezou. Cun estilo propio pero influenciado por escritoras (ás que lles fixo un oco nas estanterías da súa casa), preséntanos a historia de dúas rapazas que rematada a carreira universitaria, intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras. |




