A Cidade da Cultura continúa neste 2022 co seu ciclo Matinais Musicais para as mañás da fin de semana. Despois da programación de outono achega nestes meses de inverno tres propostas para gozar de creacións con estilos tan diversos como orixinais.
Para a mañá do sábado 12 de febreiro coñeceremos a fusión de música e humor de Mateo Lai e Alba Rubió, que conforman Ual·la!.
Ual∙la! son un virtuoso dúo barcelonés formado por Modesto Lai e Alba Rubió que cren na diversión con conciencia dando vida a un proxecto que mestura música e humor con orixinalidade e intelixencia.
Ual∙la! considéranse únicos no seu xénero. Viralizáronse nas redes sociais cos seus vídeos, cos que acumularon miles de seguidores por toda España e América Latina, grazas a unha forma propia de entender a tablemusic, termo inventado polo grupo para describir o xénero tan particular das súas cancións.
¡PLAY!, o seu último espectáculo, que poñerán en escena no Gaiás, é unha invitación ao xogo permanente, a poñer en relación elementos dispares sen un sentido concreto para explorar posibilidades creativas sen límites e abrazar formas diversas e belas da realidade que nos rodea cada día. ¡PLAY! é tamén un concerto de tablemusic.
Aquí podes ver un adianto da actuación da que se poderá gozar no Gaiás:
E velaquí outro dos seus espectáculos:



