Concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega

Concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, como colofón ao seu III Encontro que desde o martes 31 de agosto están a realizar na localidade do Carballiño, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP).

A formación dirixida polo mestre Manuel Alejandro López Pérez interpretará obras premiadas no Concurso Galego de Composición, que organiza tamén a FGBMP. O concerto conta con entrada de balde, previa retirada de convite a través de Ataquilla.

A Banda Sinfónica Xuvenil Galega está constituída por rapaces e rapazas pertencentes a bandas populares de toda Galicia, que durante seis días combinaron ensaios seccionais e de banda con actividades lúdicas e culturais encamiñadas a coñecer as vivencias musicais dos compoñentes máis maiores das bandas.

O proxecto realízase ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia e conta co apoio da Fundación Cidade da Cultura e do Concello de Santiago.

 
Música & Escena
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo