Mulleres e Cultura Urbana 2021 | Obradoiro de ritmos urbanos

Obradoiro de ritmos urbanos con Jana Feeling 

Jana Feeling

A música cobra especial relevancia nesta nova edición do encontro Mulleres e Cultura Urbana e refórzase co baile. O Xardín do Teatro acolle entre as 17:00 e as 18:00 horas un obradoiro de ritmos urbanos con Jana Feeling, coreógrafa, mestra e bailarina especializada en Hip Hop. Formada en escolas tanto nacionais como internacionais, entre as que destaca a Debbie Reynolds de Los Ángeles ou a EXPG de Nova York, nos últimos anos desenvolveu un traballo constante explorando o freestyle en danzas urbanas. 

Para maior aproveitamento do obradoiro, as prazas están limitadas a 10 persoas.