O Gaiás, contra a violencia de xénero

Santiago de Compostela, 25 de Novembro de 2013

A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero tinguindo de lila as Torres Hejduk. Con este xesto simbólico, o Gaiás quere amosar o seu rexeitamento a unha lacra social que este ano xa se cobrou a vida de máis de 60 mulleres en España e contribuír a sensibilizar a sociedade sobre este problema.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia a través do acordo de patrocinio alcanzado coa empresa eléctrica Iberdrola para a iluminación das Hejduk, tinguirá de lila a torre de cristal. Dotada dunha iluminación LED cunha ampla combinación de cores, a intervención acumula unha potencia de sete quilowatts repartida en varias liñas de alta capacidade. 

O deseño da iluminación permite realizar unha gran gama de combinacións cromáticas, que poden verse desde distintos puntos de Santiago de Compostela, e que xa lle permitiu á Cidade da Cultura sumarse a outras convocatorias como a do Día Internacional contra o cancro de mama, cando as Hejduk se tornaron rosas.

As Torres Hejduk da Cidade da Cultura volveron lilas –cor que identifica a loita contra a violencia de xénero- a pasada noite para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.