Viveiro Gaiás

O Viveiro Gaiás ofrece un máximo de de 295 metros cadrados, fixando o prezo base en 12,50 euros por metro cadrado. Cada espazo ofertado conta inicialmente cun extensión de 32,78 metros cadrados, adaptable en calquera caso ás necesidades dos solicitantes, sempre que se respecte unha extensión mínima de 15 metros cadrados.

O aluguer inclúe acceso ilimitado no horario de apertura do espazo, mesa de traballo, mobiliario, sala de reunións e escaparate/showroom. Ademais, a Cidade da Cultura proporcionará inicialmente apoio e asesoramento na creación da empresa e organizará periodicamente exposicións de ideas e proxectos, encontros empresariais e actividades de formación que apoien o desenvolvemento dos proxectos de emprendemento.

O Viveiro Gaiás está pensado para deseñadores, ilustradores, profesionais da comunicación, escritores, guionistas, editores, representantes e promotores artísticos, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e proxectos culturais na internet, e todos aqueles profesionais con proxectos que fomenten a innovación cultural e as novas tecnoloxías.

Solicitudes

Os interesados en integrarse no Viveiro Gaiás deberán presentar unha solicitude á Fundación Cidade da Cultura de Galicia seguindo o procedemento que se explica nas Bases reguladoras da Convocatoria de iniciativas culturais emprendedoras e desenvolvemento de proxectos - CEM 2022. O prazo está aberto do 1 ao 31 de outubro de 2022. Máis información AQUÍ.

As empresas integradas no Viveiro Gaiás que o desexen, poden incorporar os seus datos nesta páxina escribindo a centroemprendemento.cdc @xunta.gal.